Icona Menú
Inicio / Rexistro

Se xa dispón dunha conta so tén que acceder a ela:

ou

Seleccione o perfil para o que se quere dar de alta:

Os usuarios obxectivo que deben seleccionar este perfil son todos aqueles cidadáns que precisen de asesoramento en temáticas relacionadas coa discapacidade ou que desexen buscar ou ceder produtos de apoio que poidan mellorar a súa calidade de vida ou a de outros. Baixo este perfil un usuario poderá:

  • Porse en contacto cos servizos de asesoramento do portal.
  • Publicar anuncios de produtos de apoio que xa non precise usar.
  • Solicitar información a outros usuarios sobre produtos que estean a ceder.
  • Entrar en contacto con empresas fabricantes, deseñadores ou distribuidores de produtos de apoio.

Os usuarios obxectivo que deben seleccionar este perfil son todas aquelas empresas, fabricantes, deseñadores ou distribuidores, que se queiran dar a coñecer por dispor no seu catálogo produtos de apoio que poidan aportar calidade de vida a aquelas persoas con algunha discapacidade. Dende este perfil una empresa poderá:

  • Ter unha ficha pública persoal donde se poderán ofrecer datos de contacto ou a súa páxina web
  • Publicar produtos de apoio especificando en detalle múltiples características para que a súa localización por parte de usuarios con discapacidade sexa moi sinxela.
  • Atender a consultas directas de usuarios Demandantes / Cedentes sobre os seus produtos.

Os usuarios obxectivo que deben seleccionar este perfil son todas aquelas entidades que desexen facer aportacións aos contidos do portal e que teñan vinculación coa axuda aos discapacitados. Baixo este perfil un usuario poderá:

  • Ter unha ficha de entidade onde poderá describir as tarefas que se realizan, liñas de investigación seguidas, información de contacto, etc.
  • Publicar documentación relacionada co seu traballo para que sexa accesible as persoas que manexen esta web.
  • Rexistrar múltiples autores para as publicacións que se fagan.