Icona Menú
Inicio / Sala de prensa

Sala de prensa

Páxinas

  • 19/01/2018 | A Xunta colabora coa mellora das instalacións da casa de acollida do Hogar Sor Eusebia

    A administración autonómica achegou máis de 17.000 euros para as obras realizadas no soportal deste centro

    Nas anualidades de 2017 e 2018, Sor Eusebia recibe máis de 170.000 euros a través da orde de axudas a entidades de iniciativa social

  • 17/01/2018 | A Xunta de Galicia aborda a situación dos principais servizos sociais que presta no concello ourensán da Peroxa

    O titular autonómico destacou as elevadas ratios do Punto de Atención á Infancia e do Servizo de Axuda no Fogar

    Ambos mandatarios abordaron a posibilidade de ampliar a colaboración das dúas institucións coa finalidade de mellorar os recursos asistenciais
     

  • 16/01/2018 | A Xunta promove a adquisición de taxis adaptados á mobilidade reducida dentro das accións de mellora da accesibilidade

    O responsable da área social do Goberno galego avogou por intensificar as medidas a prol da inclusión e a accesibilidade en todos os ámbitos, tamén no sector do transporte público

  • 15/01/2018 | A Xunta busca mellorar o benestar das persoas maiores a través dos servizos profesionais de proximidade

    O centro conta con 88 prazas e os usuarios teñen acceso a diversos servizos e actividades lúdicas, recreativas e socioculturais

    A responsable do departamento autonómico de Maiores afirmou que “queremos que os nosos maiores vivan máis e mellor, e por iso apostamos por seguir completando o sistema de dependencia”
     

  • 15/01/2018 | A Xunta establece os grupos de traballo do Observatorio Galego de Dinamización Demográfica para avanzar no reto poboacional

    As súas funcións serán crear sinerxías e articular políticas coordinadas e idóneas para reverter a situación actual

    Nesta reunión tamén se realizou o nomeamento da vicepresidencia, un cargo rotatorio que comezará ostentando a Universidade de Santiago de Compostela
     

  • 15/01/2018 | A Xunta aposta polo benestar das persoas con síndrome de Down e alzhéimer na cidade de Lugo

    A Administración autonómica mantén un contrato con Down Lugo mediante o cal se ofrece formación prelaboral, desenvolvemento de habilidades sociais e persoais, e logopedia entre outras accións

    En canto ao centro de día de alzhéimer, a Xunta oferta 40 prazas públicas nas que inviste máis de 260.000 neste 2018

    A Consellería de Política Social incrementou a partida destinada ao coidado de maiores e persoas con discapacidade en 29 millóns con respecto ao presente ano, ata alcanzar os 414 millóns de euros de orzamento en 2018

    Na actualidade, máis de 54.300 persoas son beneficiarias do Sistema de atención á dependencia

  • 13/01/2018 | A Xunta valora de maneira positiva Xuntos polo Nadal para favorecer a convivencia e a participación das persoas maiores

    Un total de 240 persoas de 60 ou máis anos de idade que viven soas nos seus domicilios desfrutaron dun Nadal en compañía nas residencias de tempo libre do Carballiño, en Ourense, e de Panxón, no municipio pontevedrés de Nigrán

    A principal novidade desa última edición foi a ampliación da estancia ata o 7 de xaneiro

    Este programa axústase ao obxectivo de promover un envellecemento activo e saudable, favorecendo a participación activa das persoas maiores na sociedade
     

  • 12/01/2018 | A Xunta mantén entre as súas prioridades a atención aos menores en situación ou risco de desprotección

    A Administración autonómica destina este ano na zona da Coruña un total de 3,7 millóns de euros aos recursos que forman parte da rede galega de centros de menores

    O responsable da área social do Goberno galego sinala que o obxectivo “é que a vida dos menores que por diferentes circunstancias teñen que recorrer a calquera dos recursos de atención sexa a máis semellante á que poden levar en calquera fogar”

  • 12/01/2018 | Ethel Vázquez avanza un investimento de case 7 millóns de euros para a posta a disposición de 40 vivendas rehabilitadas no barrio de Ferrol vello

    Vázquez Mourelle explicou que este orzamento permitirá adquirir 18 inmobles, xa que o prezo que se pagará por metro cadrado edificable situarase entre os 230 e 287 €/m², e destinar á súa rehabilitación e mellora preto de 5,4 M€

    Rey Varela destacou o ambicioso obxectivo desta iniciativa ao procurar que o casco vello da cidade sexa un lugar máis atractivo para vivir e formar unha familia

    As persoas interesadas en vender os seus inmobles á Xunta para a súa rehabilitación terán 3 meses de prazo para presentar ofertas, ata o 13 de abril

    A Xunta prevé ter asinadas as escrituras de compravenda correspondentes aos inmobles que resultaran elixidos tras o proceso de selección no mes de setembro e a continuación, contratar e redactar os proxectos de rehabilitación

    Os edificios ou parcelas que a Xunta adquira deben atoparse en abandono ou semiabandono, ter requisitos que permitan que as novas vivendas reúnan condicións de habitabilidade e estar inscritas no Rexistro da Propiedade

    A conselleira engadiu que o Goberno galego está a impulsar outras actuacións directas neste barrio, nas rúas Argüelles 1 e Virxe 19, onde se obterán entre 3 e 4 vivendas protexidas, cun investimento de máis de medio millón de euros

    Sinalou que o Executivo autonómico pretende seguir completando esta aposta no futuro con outras actuacións, polo que no caso de que o Concello, que posúe inmobles neste barrio, os cedera á Xunta, serían obxecto da súa rehabilitación

  • 10/01/2018 | A Xunta reforza os coidados profesionais a persoas dependentes no seu contorno familiar no concello da Cañiza

    A Administración autonómica incrementou entre 2015 e 2017 nun 129% as horas dispoñibles no Servizo de Axuda no Fogar (SAF) na Cañiza ata sumar 19.848 horas anuais en total

Páxinas