Asesoramento
Asesoramento, Preguntas frecuentes de Comisión Técnica de Accesibilidade, Transporte (CTA)
-
Tarxetas de estacionamento para persoas con discapacidade:Quen pode ser titular dunha tarxeta de estacionamento para persoas con discapacidade?
Segundo o artigo 50.3 do Decreto 35/2000, do 28 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de desenvolvemento e execución da Lei de accesibilidade e supresión de barreiras na Comunidade Autónoma de Galicia “Terán dereito á expedición da tarxeta de estacionamento para persoas con discapacidade todos aqueles interesados que teñan recoñ...
-
Tarxetas de estacionamento para persoas con discapacidade: As tarxetas poden utilizarse en calquera vehículo?
Segundo o artigo 50.4 do Decreto 35/2000, “Cando o titular da tarxeta sexa unha persoa física poderá utilizala en calquera vehículo en que se traslade, sexa ou non da súa propiedade e sexa titular da tarxeta o condutor do vehículo ou non”.
-
Tarxetas de estacionamento para persoas con discapacidade: As persoas xurídicas poden ser titulares das tarxetas?
Si, así o contempla o artigo 50.4 do Decreto 35/2000, “Cando o titular da tarxeta sexa unha persoa xurídica deberá incluír a/as matrículas dos vehículos habilitados para transportalas persoas con graves problemas de mobilidade”.
-
Tarxetas de estacionamento para persoas con discapacidade: A quen lle corresponde a expedición das tarxetas?
Segundo o artigo 53.1 do Decreto 35/2000, “Corresponde ao concello onde resida o interesado a concesión das tarxetas de accesibilidade”.
-
Consultas frecuentes consideradas perante a comisión técnica de accesibilidade: No caso de persoas xurídicas cales son os requisitos, o réxime e procedemento a seguir para a concesión das tarxetas?
No artigo 53 do Decreto 35/2000 regúlase o procedemento para a expedición destas, mais non contempla ningunha especificidade cando o solicitante sexa unha persoa xurídica. A Comisión Técnica de Accesibilidade, en reunión celebrada o día 24 de febreiro de 2010, adoptou o seguinte criterio: Corresponde ao Concello onde teña o...
Asesoramento, Preguntas frecuentes de Comisión Técnica de Accesibilidade, Vivenda (CTA)
-
Condicións de accesibilidade dos aseos en establecementos de uso público
En relación co número de unidades de aseos que deben ser accesibles nun local destas características, existe unha discordancia na normativa de aplicación, posto que a Lei 8/1997, do 20 de agosto, de accesibilidade e supresión de barreiras na Comunidade Autónoma de Galicia, esixe unha unidade por sexo, mentres que no Decreto 35/2000 admítese unha...
Asesoramento, Preguntas frecuentes de Comisión Técnica de Accesibilidade, Edificación e urbanismo (CTA)
-
Condicións de accesibilidade en edificios en réxime de propiedade horizontal: Teñen obriga as comunidades de propietarios de realizar as obras de accesibilidade que sexan necesarias para un uso adecuado dos elementos comúns?
O artigo 10.2 da Lei de Propiedade Horizontal, modificado polo artigo 15 da Lei 26/2011, de 1 de Agosto, de Adaptación normativa á Convención internacional sobre os dereitos das persoas con discapacidade, dispón: “Así mesmo, a comunidade, por instancia dos propietarios na vivenda dos cales vivan, traballen ou presten os seus servizos altruístas ou...
-
Condicións de accesibilidade en edificios en réxime de propiedade horizontal:No caso que o importe total das obras de adaptación exceda de doce mensualidades ordinarias de gastos comúns, que maioría é necesaria para a adopción do acordo de realización?
Conforme o paragrafo terceiro da norma 1ª do artigo 17 da Lei de Propiedade Horizontal, do 49/1960 do 21 de xullo, en redacción dada pola Disposición adicional terceira da Lei 51/2003, do 2 de decembro, de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con discapacidade: “Sen prexuízo nos artigos 10 e 11 desta lei, a...
-
Condicións de accesibilidade en edificios en réxime de propiedade horizontal: Cando se adopten validamente acordos para a realización de obras de accesibilidade, a comunidade quedará obrigada ao pago dos gastos destas?
Si, e así está previsto no artigo 11.3 da Lei de Propiedade Horizontal, aínda que o seu importe exceda de doce mensualidades ordinarias de gastos comúns.
-
Condicións de accesibilidade en edificios en réxime de propiedade horizontal: Cando se trate da eliminación de barreiras que impidan o acceso aos elementos comúns a persoas con mobilidade reducida, pódese recorrer a axudas técnicas?
A Comisión Técnica de Accesibilidade ven aceptando, para a eliminación de barreiras ocasionadas pola existencia de escanos que impidan o acceso aos elementos comúns, ademais da instalación de ramplas, outras axudas técnicas tales como plataformas salvaescaleiras.
Páxinas
- 1
- 2
- 3
- seguinte ›
- última »